Lugo en Danza volve o 25 de xaneiro na praza da Milagrosa con Equilibrio dinámico

LugoXa
Lugo en Danza comenzará el ciclo de espectáculos el 25 de enero en la plaza de la Milagrosa con Nuvibago de Equilibrio dinámico.
nuvibago
21 Xan 2022

A concelleira de cultura, turismo e promoción da lingua, Maite Ferreiro, presentou as actividades correspondentes ao primeiro semestre da programación de danza de Lugo, enmarcadas no ciclo Lugo en Danza (LED). Maite Ferreiro destacou que “a nivel galego, só os concellos de Lugo e a Coruña contamos con programación de danza estable durante todo o ano, o que nos permite colocarnos como un punto importante desta arte escénica no calendario estatal e atraer a Lugo espectáculos de primeira calidade, ao mesmo tempo que apoiamos ás creadoras e creadores locais e galegas”.

O 1º semestre terá comezo o 25 de xaneiro co “Nubivago” de Equilibrio dinámico. Continuará o 17 de febreiro co espectáculo “O raro é que bailar sexa raro” de Andrea Quintana. No mes seguinte, o 6 de marzo terá lugar “Nina ninette” de Traspediante (Público familiar). O 8 de abril será a quenda de “Mortaís e vulnerables” de Furia Sotelo. O 6 de maio o Colectivo Glovo escenificará “Tabú” e o 17 de xuño “Nó” de Elahood.

LED Lugo en Danza é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e as artes do movemento. Búscase apostar polo traballo dos artistas da comunidade galega, abrindo un novo espazo para a difusión das súas pezas.

O seu obxectivo é ser inclusivo á hora de seleccionar ás artistas, co fin de ofrecer opcións diversas, ampliando así o acceso dos lucenses ao dereito á cultura no campo da danza contemporánea e as artes do movemento.

O proxecto complétase coa programación expandida, diversas iniciativas de mediación coa idea de establecer pontes e vías de comunicación con diferentes comunidades dentro e fóra do auditorio.

NUBIVAGO
A compañía Italiana Equilibrio dinámico abrirá a programación do ciclo Lugo en danza 2022 con tres pezas de tres coreógrafos internacionais, Roberta Ferrara (IT) Matthias Kass e Clement Bugnon (Switzerland-Germany) e Jiri Pokonry (By NDT -Netherlands).

O espectáculo terá lugar no parque da Milagrosa ás 20.30 horas o 25 de xaneiro.

As entradas estarán á venta os días previos en entradaslugo.es

0.21318984031677