Lugo en pé... Na defensa do rural insta á Xunta a investir a recadación da auga en obras de saneamento

LugoXa
Lugo en pé...Na defensa do rural insta a la Xunta de Galicia a invertir la recaudación del consumo de agua en obras de saneamiento.
saneamento desaugue sumidoiro alcantarilla
10 Mar 2022

Desde a Plataforma “Lugo en pé… Na defensa do rural”, vinculada á Federación de Asociacións Veciñais “ Lucus Augusti” da provincia de Lugo, instan, de novo á Xunta de Galicia, por ser a Administración con competencia directa nesta materia, para reverter a cantidade correspondente ao canon da auga, recadado polos Concellos de toda a provincia lucense, no recibo de consumo de auga, en obras de saneamento rural dentro do propio municipio onde é recadado.

No ano 2016 a recadación do Concello de Lugo foi de 1.388.308,57 euros, no ano 2017 de 1.419.506,62 euros, no ano 2018 de 1.527.584,73 euros, no ano 2019 1.328.056,86 euros e no ano 2020 de 1.590.323,96 euros. Isto fai unha suma total de 7.253.780,74 euros nos últimos 5 anos, abonado en concepto de canon de auga por parte do Concello de Lugo á Xunta de Galicia; á que habería que sumar a cantidade correspondente ao último exercicio económico, ano 2021.

A este respecto, desde a Plataforma “Lugo en pé… Na defensa do rural”, consideran pouco razoable que dita cantidade non sexa destinada a obras de saneamento do propio municipio, como lamentablemente sucede, a pesar de ser necesarias e urxentes.

A agrupación lembra que “a provincia de Lugo conta con numerosos puntos negros e fosas sépticas -coa consecuente contaminación de acuíferos- e, na actualidade -ano 2022- moi escasa execución de obras destinadas ao saneamento -a pesar de ser a súa existencia, necesaria, baseada nunha directriz europea que na actualidade segue sen cumprirse-”.

Así, a asociación volve instar á Xunta de Galicia a que a recadación do canon da auga sexa finalista e revértase en obras de saneamento dentro do propio municipio onde é recadado; é dicir, que redunde en melloras necesarias e urxentes para os veciños do propio municipio, “como é de xustiza”.

0.04563307762146