Lugo entrega os premios aos Milagrosistas do Ano 2025

LugoXa
Tomé fixo entrega de sete galardóns, incluídos dous a traballadoras da institución que preside
premios-milagrosistas-do-ano
26 Apr 2025

Un ano máis celebrouse en Lugo a tradicional entrega dos galardóns Milagrosistas do Ano, organizada pola Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, unha cita que tivo lugar o venres 25 no restaurante Manuel Manuel. De novo, entre os vinte premiados atópanse dende políticos, membros de asociacións, médicos, artistas ou veciños da zona aos que recoñecen o seu compromiso social e que teñen "un claro obxectivo común: o compromiso coa xente, coa veciñanza, coa mellora do común”, afirmou o presidente da Deputación, José Tomé, que entregou sete dos galardóns.

A asociación entregou premios a Pedro Blanco Lobeiras, delegado do Goberno en Galicia; á Moexmu quen recolleu o galardón a presidenta, Ana Iglesias Lozano; Montse González Álvarez, responsable de Normalización Lingüística no Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo; Laureano Isidro Alonso Fernández, veciño do barrio da Milagrosa; Francisco García Novio, urólogo e escritor; José Antonio Roldán Lozano, comandante Militar de Lugo e Xefe do Campo de Maniobras e Tiro de Parga; José Antonio Hernández Hernández, capitán da Garda Civil; Ángeles Novo Martínez, concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo; Jorge Bustos Atanasio, concelleiro de Xuventude, Deportes e Urbanismo no Concello de Lugo; Rosa Abelleira Fernández, interventora da Deputación de Lugo; Rosa Romero Franco, directora da Escola Politécnica de Lugo; Juan Manuel López Labrada, enxeñeiro industrial; María Belén Santiso Felpeto, inspectora da Policía Local; Chema Núñez Losada, locutor da Cadena Cope; Miriam Pérez Souto, de Peluquería Miriam Souto; María Núñez Otero, presidenta do Ilustre Colexio Oficial de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo; Café Candelas, que recolleu o premio Alejandra Alonso Álvarez; José Luis Agra Sánchez, presidente do Club Piringalla; Miguel Tomé López, coordinador provincial de Unións Agrarias en Lugo; e á Asociación Española Contra o Cancro de Lugo, que recolleu o presidente José Manuel Rozas.

A cada un dos galardoados fíxoselle entrega do seu premio ao ritmo da súa canción preferida, un feito que dá boa mostra do ambiente festivo e de proximidade desta gala.

⚙ Configurar cookies
0.15258717536926