Lugo entrega os premios aos Milagrosistas do Ano 2024
Un ano máis celebrouse en Lugo a tradicional entrega dos galardóns Milagrosistas do Ano 2024, unha cita que tivo lugar o venres 26. De novo, entre os vinte premiados atópanse dende concelleiros, membros de asociacións, médicos ou veciños da zona aos que recoñecen o seu compromiso social e que representan "un completo mosaico da sociedade”, dixo o deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, que entregou seis dos recoñecementos.
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, tamén felicitou aos galardoados pola súa achega e compromiso co barrio da Milagrosa e con toda a cidade de Lugo, "pois o traballo por un presente e un futuro mellor para toda a súa cidadanía debe ser recoñecido". Para Fernández destácase así o labor de “homes e mulleres que traballan no eido público, en distintos sectores empresariais, na educación, na sanidade ou na investigación”.
Así mesmo, sinalou que dende a Deputación apoian o movemento veciñal "e estamos convencidos do potencial do talento lucense en todos os eidos de actividade", como o sector primario ou a hostalería e o comercio, "pero tamén en ámbitos como a ciencia, a educación e a industria”. Cos premios, que xa superan as tres décadas de existencia e están consolidados como unha auténtica tradición na cidade, recoñécese o traballo e o compromiso social de persoas, entidades e empresas e divúlgase a identidade da Milagrosa.
Os premiados desta edición foron Emilio Álvarez Gómez, veciño da Milagrosa; Cintia Fogueira Cobos, investigadora postdoctoral; Juan José Fernández Arrojo, Subdelegado de Defensa de Lugo; Eva Real Devesa, policía local; Sonia Verdes Gil, directora da Granxa Gayoso Castro; Susana Vázquez Mariño, xuíza; Manuel Touceda Souto, coronel xefe da Comandancia de la Garda Civil de Lugo; Francisco Javier Carballada González, médico especialista en alergoloxía; Esteban Patiño Alves, director do Centro Comercial As Termas; José Conde Vales, xefe de Cirurxía do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA) e Carmela López Moreno, Alcaldesa de Burela e Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas.
Tamén resultaron premiados Valentín González Formoso, Presidente da Deputación Provincial da Coruña; Eusebio Sánchez Álvarez, xefe de produción en Puleva Food, S.L; Moisés Muñiz García, xefe da Brigada Provincial de Policía Xudicial de Lugo; José Manuel Rigueiro Veloso, director de Zona Centro ABANCA Lugo; Noemí Fraga Corredoira, directora do Servizo Provincial de Muface de Lugo; Manuel Buján Peón, Asociación Senatus Lucus Augusti; Antonio López Díaz, reitor de la Universidad de Santiago de Compostela; Pilar Ferreiro Martínez, xefa do Servizo de Recursos Humanos da Deputación Provincial de Lugo e Olga López Racamonde, titular de la Concellería de Benestar Social e Maiores.