Lugo, epicentro da marcha nórdica coa Master Class Terras do Miño

LugoXa
Os amantes da marcha teñen unha cita do 12 ao 14 de abril en Lugo.
7 Abr 2024

Os amantes da marcha teñen unha cita do 12 ao 14 de abril en Lugo. A cidade acollerá a Master Class Terras do Miño, que estará aberta para os maiores de 16 anos e que precisa capacitación técnica previa.

A proposta contará con Bernd Goldschmidt e Reyes Fernandez como relatores principais. Neste encontro poderán participar instrutores titulados  ALFA 247, walkers que poidan acreditar realizar polo menos un Curso de Iniciación nunha Escola da Rede ALFA 247 e walkers que poidan acreditar a súa participación nunha competición oficial recoñecida por FEDGALMON ou por calquera outra federación adscrita a FEDME.

O programa comezará o venres 12 coa saída a partir das 18.00 horas. O sábado desenvolverase a actividade de 9.30 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas con clases específicas de repaso de impulsión, de repaso de rodada pé e clases específicas en áreas de movemento. As propostas continúan o domingo cunha saída práctica e paseo circular ou lineal con retorno. Os participantes deben acreditar a súa formación básica e dispoñer dun mínimo estado de forma física, uns 10 quilómetros en menos de 2 horas.

0.21407699584961