Lugo estrea un curso de cociña lixeira
LugoXa
A área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo imparte un curso de cociña lixeira.
5 May 2024
A área de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo imparte un curso de cociña lixeira. Con esta proposta preténdese ensinar a combater a subida de temperaturas con alimentos menos pesados pero igual de saudables.
Terá lugar todos os mércores do mes de maio de 17.00 a 19.00 horas na Casa da Xuventude. As prazas son limitadas e as inscricións están abertas en www.xuventudelugo.gal