Lugo estrea un curso de iniciación á hípica
A área de Xuventude, que dirixe o concelleiro Jorge Bustos, abre este luns as inscricións para unha nova actividade do programa +XTÍ: o curso de Iniciación á Hípica e coidados básicos. A iniciativa impulsada polo Concello de Lugo e subvencionada polo Plan Nacional sobre Drogas ten como obxectivo fomentar os hábitos saudables e a prevención de drogodependencias. “Grazas a actividades como esta, os mozo e mozas, ademais de dar os seus primeiros pasos no mundo ecuestre, traballan valores e pautas básicas para o seu desenvolvemento como o compañeirismo, a autoestima e o respecto”, destaca o edil.
As formacións, destinadas exclusivamente a principiantes e noveis, levaranse a cabo no Centro Ecuestre Lvcus Terra e dividiranse en tres quendas, para as que haberá un total de 15 prazas dispoñibles (5 por grupo). A primeira terá lugar do 8 ao 12 de xullo, a segunda do 15 ao 19, e a última do 22 ao 26. Os horarios de actividade, en todas elas, será de 10.00 a 13.00 horas.
O programa +XTÍ materializa o compromiso do Executivo de Paula Alvarellos co loita contra as drogadicción grazas ás actividades e á concienciación, que constitúen unha poderosa ferramenta de prevención. “Non podemos vivir de costas á realidade. Algunhas persoas manteñen un medo reverencial á información sobre as drogas, cando o certo é que supón un recurso necesario para tomar decisións intelixentes, informadas e autónomas, ante calquera desafío”, subliña ao respecto Jorge Bustos.
A actividade está dirixida a lucenses de 12 a 17 anos, que só poderán participar nun dos grupos programados. As mozas e mozo admitidos recibirán unha notificación antes do 28 de xuño e deberán presentar unha autorización asinada polos seus pais/nais/titores. As persoas interesadas en participar no curso de iniciación á hípica poderán inscribirse na web http://www.lugomasxti.org. As 15 prazas ofertadas asignaranse por rigoroso orde de chegada das solicitudes.