Lugo estreita lazos coa República do Congo

LugoXa
O tenente alcalde, Rubén Arroxo, acompañado de membros do Goberno Municipal, recibiu en Lugo a concelleiros do Goberno da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo.
lugo_visita_republica_congo
17 Abr 2024

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, acompañado de membros do Goberno Municipal, recibiu en Lugo a concelleiros do Goberno da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo. O Partido Congoleño do Traballo (Parti congolais du travail) é o actual partido gobernante na República do Congo e foi fundado no ano 1969 por Marien Ngouabi. Os membros do PCT atópanse actualmente nunha xira na busca de iniciar un proceso de irmandade con diversas cidades de países do continente europeo.

Durante a súa visita a Lugo, os concelleiros e concelleiras amosaron a cidade aos políticos congoleños, e mantiveron unha reunión nas instalacións do Vello Cárcere onde compartiron as súas experiencias e metodoloxía á hora de gobernar as súas respectivas cidades. Logo da xuntanza, Rubén Arroxo expresou a importancia de manter este tipo de encontros, xa que "a presenza de políticos de Brazzaville na nosa cidade recorda a importancia dunha boa gobernanza urbana, sen importar a ubicación xeográfica”.

Para o tenente alcalde esta oportunidade “é crucial para fortalecer o noso compromiso coa promoción das relacións políticas e do diálogo entre nacións”, xa que isto permite gañar novas experiencias para gobernar correctamente as cidades, “algo fundamental para garantir a calidade de vida da cidadanía”, insistiu Arroxo.

0.17165613174438