Lugo foi o escenario do 'V ForoTelecos Galicia 24 As telecomunicacións no rural'

LugoXa
O deputado Rivera Capón puxo en valor o labor que desenvolven os enxeñeiros e enxeñeiras de telecomunicacións para o rural da provincia
Foro-Telecos-Lugo
23 Nov 2024

Lugo foi o escenario do 'V ForoTelecos Galicia 24 As telecomunicacións no rural', organizado polo Colexio e Asociación Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de Galicia (COETTGA), e acollendo arredor de 150 persoas relacionadas co sector.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, estivo no acto, poñendo en valor que a institución provincial colabora con esta cita, que reuniu a numerosas autoridades e membros do COETTGA, cunha achega económica de 2.000 euros.

Na súa intervención, Rivera Capón puxo en valor o labor que desenvolven os enxeñeiros e enxeñeiras de telecomunicacións para o rural da provincia “que necesita profesionais coma vós, que non só ven o potencial, senón que o fan realidade. Hoxe, grazas a ese traballo, podemos dicir que o rural non está á cola da transformación dixital, senón que é un exemplo de resiliencia e de aposta polo futuro”.

A programación tamén incluíu, entre outras actividades, unha xornada formativa técnica e a entrega dos Premios Enxeño 2024. O Deputado provincial entregou o Premio Enxeño á Estratexia Comercial e Dirección de Equipos nas Telecomunicacións a Mª José Minguéns.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18819689750671