Lugo fortalece os lazos con Cuba
A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto ao vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, no Pazo de San Marcos unha recepción institucional a unha delegación de Cuba encabezada polo embaixador cubano en España, Marcelino Medina. Este encontro serviu para consolidar a cooperación e fortalecer os lazos entre a provincia e o conxunto dos países iberoamericanos e caribeños.
No encontro, Pilar García Porto destacou os vínculos históricos de Lugo con Cuba e manifestou o interese en expandir as relacións ao longo do Atlántico. Subliñou a importancia de aproveitar as raíces compartidas para fomentar novas vías de intercambio que impulsen o desenvolvemento conxunto. Durante a visita, Marcelino Medina, que estivo acompañado pola delegación cubana formada polo cónsul xeral de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, Ingrid Izquierdo; o conselleiro de Asuntos Políticos da Embaixada de Cuba, Miguel Vélez; e o conselleiro Económico e Comercial do Consulado Xeral de Cuba en Santiago de Compostela, René Capote. Ademais, o embaixador de Cuba, recibiu como agasallo institucional unha ánfora de Gundivós, que lle fixo entrega o Vicepresidente da Deputación de Lugo.
Na recepción, tamén estiveron presentes o director do Centro Fidel Castro, René González, e o presidente da Asociación Amistad e Solidaridade Láncara-Cuba e promotor da Casa Museo Ángel Castro Argiz , Centro de Interpretación da inmigración Galega, Antonio Sobrado. O embaixador e a delegación cubana visitarán estes centros con motivo do Aniversario 98 do natalicio de Fidel Castro. A deputada Pilar García Porto acompañará á comitiva que coñecerá un espazo cultural reformado e acondicionado coa colaboración da Deputación de Lugo, e que se sitúa na casa natal do pai de Fidel, Raúl Castro e os seus irmáns.
Na mesma xornada, o alcalde en funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polas concelleiras Maite Ferreiro e Ana González Abelleira en representación dos grupos municipais do BNG e PSOE, recibiron no Concello de Lug á delegación da República de Cuba. Ambas delegacións abordaron a colaboración entre as dúas institucións co obxectivo de aumentar os lazos de irmandade que unen ao pobo galego e ao cubano.
Entre os temas abordados na xuntanza, ambas delegacións acordaron traballar en proxectos de interese para as veciñas e veciños, tanto no eido cultural e formativo, como no patrimonial e económico, "co fin de seguir a aumentar as pontes históricas que unen ao pobo cubano e ao galego", afirmou o alcalde en funcións.
Rubén Arroxo destacou a importancia dos lazos que unen á poboación galega e á cubana debido á emigración, "unha realidade á que como institución temos que atender debido ao importante peso da emigración na nosa historia", e destacou que "é unha honra poder recibir á delegación da República de Cuba e poder traballar en potenciar os importantes lazos entre os pobos galego e cubano". A visita da delegación cubana enmárcase nos actos arredor do 98 aniversario do nacemento de Fidel Castro Ruz, actividades que continuarán cun acto na Casa Museo Ángel Castro de Láncara, e que contará coa presenza de concelleiras e concelleiros de Lugo.