Lugo garante comedores escolares, hortos educativos e novas rutas de vieiros escolares

A Xunta de Goberno de Lugo aprobou tres asuntos relacionados coa concellería de Educación e Difusión do Coñecemento. Entre eles destaca a adenda ao convenio dos comedores escolares que permitirá prestar o servizo no colexio Fingoi II.
Rubén Arroxo, tenente alcalde do Concello de Lugo, informou dos tres asuntos aprobados hoxe naArroxo sinalou que a Xunta de Galicia "só asume o 9,38 % do custo dun servizo que debería prestar directamente ao ser a súa competencia" e engadiu que "mentres que o investimento do Concello supera o millón de euros, a Xunta só achega 99.679,80 euros". Con todo, reiterou que "non imos deixar a ningunha nena ou neno sen este servizo, prestaremos un servizo necesario para moitas familias mentres agardamos que a Xunta se faga cargo das súas responsabilidades".
Doutra banda, aprobouse a primeira prórroga do contrato coa empresa Savisu Solucións SL para a xestión dos hortos escolares, que ofrecen actividades educativas ao alumnado de educación infantil. As sesións comezarán o 9 de marzo no CEIP Luís Pimentel e estenderanse ao resto dos colexios públicos da cidade, permitindo aos nenos e nenas un contacto directo coa natureza e a sustentabilidade. Arroxo explicou que "estas actividades utilizan o traballo no horto como recurso educativo para tratar todo o que ten que ver co medio natural, o seu coidado e a concienciación ambiental", e engadiu que tamén serven para espallar as tradicións galegas relacionadas co inicio da primavera.
Finalmente, o tenente alcalde deu conta da ampliación do contrato dos vieiros escolares, incorporando unha nova ruta no colexio de Paradai, a petición da ANPA do centro. A nova ruta iniciaráse o 2 de marzo, partindo da Ronda da Muralla nº 77 (cruce con rúa Conde), continuando por Irmán Gómez de Carrero e rúa Río Sil ata chegar ao colexio. Con esta ampliación, Lugo contará con oito rutas en seis centros escolares: dúas en Albeiros, dúas en Paradai, e unha en cada un dos colexios Casas, Luís Pimentel, Rosalía de Castro e As Mercedes.
Actualmente, arredor de 80 nenos e nenas usan este servizo a diario, que contribúe a reducir o tráfico nas entradas dos colexios e facilita a conciliación familiar, permitindo que o alumnado sexa acompañado por monitores desde a súa casa ata o centro escolar. A Tenencia de Alcaldía continuará traballando para ampliar este proxecto, dada a súa boa acollida entre as familias e o seu impacto positivo na mobilidade sostible.