Lugo garda minuto de silencio en recordo das vítimas do incencio de Valencia
A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, acompañada de membros da corporación municipal participou no minuto de silencio celebrado este luns, ás 12.00 horas fronte á Casa Consistorial, con motivo do incendio que o xoves pasado deixou en Valencia unha dramática cifra de falecidos, feridos e persoas afectadas pola perda dos seus fogares. A rexedora mostrou o seu pesar ás familias dos falecidos, e solidarizouse coas persoas afectadas e co concello de Valencia.
Pola súa parte, a Deputación tamén convocou este luns na Praza de San Marcos un minuto de silencio en memoria das persoas falecidas no incendio que arrasou dous edificios na cidade de Valencia. Os deputados de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; e de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participaron xunto a traballadores e traballadoras da institución e veciños e veciñas, na concentración coa que a Deputación secundou a convocatoria realizada pola Federación
Española de Municipios e Provincias (FEMP) en memoria das vítimas do incendio que arrasou dous edificios en Valencia, no que faleceron 10 persoas.