Lugo golpea tres veces na Copa Deputación
A capital está de noraboa, os nenos da Copa Deputación fan chegar o nome da cidade máis aló da Muralla. E é que esta fin de semana tres dos mellores equipos da cidade puideron alzar a copa provincial en cadansúa categoría.
En alevín, foi o Ceosport quen, no campo de Becerreá, superaba en xogo ao Piringalla. Unha final que remataba cun 0-5 logo de que o Ceosport superara ao Viveiro cun 1-8 nas semifinais.
Os benxamíns da Residencia celebraron a Copa Deputación logo de desputar a final e Vilalba e vencer ao Foz. Os lucenses que xa foran subcambións de liga, gañaron cun 0-2, tras substituír nas fases previas do torneo ao Corgo, que xogaba un torneo internacional.
Por último, festa tamén na capital, polo Polvorín prebenxamín que se facía este sábado co título provincial tras gañar ao Piringalla, na casa. O Polvorín quitaba a copa ao Piringalla cun 1-4 que chegaba trass unha semifinal sobrada contra o Viveiro.