Lugo homenaxea a Rosalía cun Encontro de Saberes sobre a súa figura

LugoXa
Lugo celebra o aniversario da poeta Rosalía de Castro cun Encontro de saberes sobre a súa figura.
as_literatas_de_rosalia_de_castro
as_literatas_de_rosalia_de_castro
22 Feb 2024

Lugo celebra o aniversario da poeta Rosalía de Castro cun Encontro de saberes sobre a súa figura. A xuntanza terá lugar este venres a partir das 19.00 no museo provincial e contará coa participación de Pilar García Negro e María do Carme Fernández Peréz-Sanjulián, que chegarán o contexto artístico e documental arredor da loucura e a poesía.

O encontro estará moderado por Simón Vicente López. Nel tamén estarán presentes Iria Castro Fernández, deputada delegada de Cultura da Deputación de Lugo; Encarna Lago González, xerente da RMPL e Aurelia Balseiro García, directora do MPL. Ademais de debater temas universais a partir da galega máis senlleira, durante esta xornada agasallarase aos visitantes dos museos cunha flor e unha lámina.

0.11387705802917