Lugo homenaxeará a Darío Xohan Cabana cun paseo literario pola cidade

Lugo acollerá este venres 26 de setembro un paseo literario en homenaxe a Darío Xohan Cabana, coincidindo coa reedición do seu libro A Fraga Amurallada polo Servizo de Publicacións da área de Cultura.
A actividade, baixo o título 'Unha volta co Darío pola fraga amurallada', consistirá nun roteiro pola cidade no que persoas vinculadas ás letras, á cultura e amizades do autor recitarán algúns dos poemas que Cabana dedicou a Lugo.
O paseo literario será conducido por Lois Pérez e dará comezo ás 19.00 horas nas escaleiras da Porta Falsa, na Praza de Ferrol, convidando aos participantes a achegarse e descubrir a cidade a través da obra poética do autor.