Lugo impulsa a educación viaria para escolares no Parque Infantil de Tráfico

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitaron o Parque Infantil de Tráfico situado no Parque da Milagrosa, onde os distintos centros de ensino da cidade están a participar en cursos de educación viaria.
Iria Buide subliñou que "centos de escolares de Lugo van desfrutar de formación en educación viaria impartida en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, unha formación de primeira calidade para as nenas e nenos", e engadiu que "no PIT, as nenas e nenos poden simular diferentes situacións sobre mobilidade e tráfico nun entorno seguro".
Durante o mes de marzo, catro centros educativos realizaron actividades no PIT, consolidando a instalación como un referente municipal na formación vial. Buide destacou que "coa posta en marcha destes cursos consolidamos esta instalación municipal como un centro referencial na formación das nenas e nenos, obxectivo principal desta instalación", resaltando tamén a importancia de ofrecer esta formación "a todos os centros de ensino que o desexen, traendo ao PIT ao maior número de estudantes posible".
A Tenencia de Alcaldía traballa para "achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través das actividades do Parque Infantil de Tráfico, unha instalación referencial da cidade".