A praza de Augas Férreas de Lugo conta cunha nova canastra de baloncesto

LugoXa
A nova canastra está deseñada para resistir actos vandálicos e conta cunha rede de cadea, garantindo a súa durabilidade fronte ás condicións meteorolóxicas
Inauguración-canastra-praza-Augas-Férreas-Lugo
20 Feb 2025

Vén de ser inaugurada a nova canastra de baloncesto instalada na praza de Augas Férreas nun acto no que estiveron representantes do Goberno local xunto co do director xeral do CB Breogán, Salva Arco; o xogador Dragan Apic; e a mascota do equipo, Máximus, así como o xerente de equipo do Ensino Lugo CB, Cata Polini.

A instalación desta canastra responde a unha solicitude da veciñanza, que demandaba un espazo para a práctica do baloncesto nunha área xa equipada cun parque infantil cuberto e utilizada habitualmente para actividades e eventos.

A nova canastra está deseñada para resistir actos vandálicos e conta cunha rede de cadea, garantindo a súa durabilidade fronte ás condicións meteorolóxicas e ao uso continuado.

O edil de Deportes, Jorge Bustos, anunciou que proximamente instalaranse novas canastras no Camiño Romai e na praza Viana do Castelo, ao tempo que se traballa na mellora doutras canchas deportivas exteriores para que estean en óptimas condicións de cara á primavera.

⚙ Configurar cookies
0.15488195419312