Lugo inaugura unha nova edición da Feira do Libro cunha ducia de expositores e descontos do 10 %
A Praza Maior de Lugo acolle un ano máis a Feira do Libro, que estará presente ata o vindeiro domingo e na que 12 librarías ofrecerán as súas obras nas casetas habilitadas. A Feira do Libro contará con postos de venta de El Faro de Los Tres Mundos, Galgo Azul (Libros, grolos e moito máis), Libraría Agrasar, Libraría Aguirre, Libraría Biblos, Libraría Cartabón, Libraría Pedreira, Libraría Trama, Muralla de Comics e Tótem Comics. Os postos estarán abertos en horario de mañá e tarde, de 11.30 a 14.00 horas e de 17.30 a 21.00 horas.
O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participaron no acto de inauguración da Feira, que contou coa escritora Antía Yáñez como pregoeira. Maite Ferreiro destacou que "hoxe máis que nunca é preciso defender e utilizar a lingua galega, un dereito que as galegas e galegos temos recoñecido na Declaración Universal dos Dereitos Lingüísticos e na Carta Europea das Linguas".
Escritores como Ledicia Costas, Francisco Narla, Pablo Rañales, Alfonso Eire, Isabel Ramos ou María Reimóndez asinarán ou presentarán na cidade, mentres as casetas ofrecen descontos do 10 %. A esta aposta súmase un completo programa de ocio familiar con música e teatro.
Programa completo
Martes 14 de maio. De 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas
17.30 horas. Hixinio Flores e Orlando Viveiro presentan Formas tradicionais da cerámica popular de Bonxe, estarán acompañados por unha representante da Área de Cultura e do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.
18.30 horas. Andrea Micc asina Crónicas de Vanusum: El Reino de los Reinos na caseta de Libraría Agrasar.
18.30 horas. Andrea Micc asina Crónicas de Vanusum: El Reino de los Reinos na caseta de Libraría Agrasar.
18.30 horas. Xabier López presenta Contrabiografía.
19.00 horas. Jordi Cicely asina Mariela envenena mis sueños na caseta da Libraría Biblos.
19.30 horas. María Reimóndez presenta A casa do amo acompañada pola escritora Luz Darriba.
Mércores, 15 de maio. De 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas
17.30 horas. Un Café Candelas con... Ledicia Costas, que presenta Pel de Cordeiro acompañada polo escritor Lois Pérez.
18.00 horas. Ana Meilán asina As manchas de Palmira na caseta da Libraría El Faro de los Tres Mundos.
18.30 horas. Abril Camino asina Nuestro último verano en la isla e o resto das súas obras na caseta de Libraría Agrasar.
18.30 horas. Paco Morgan asina A rede branca na caseta da libraría Pedreira.
18.30 horas. Abraham Pérez presenta O paso en falso.
19.30 horas. José Manuel Blanco Prado presenta A devoción popular nos santuarios lucenses. Estará acompañado por unha representante da Área de Cultura e do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.
19.00 horas. Ivet Núñez asina Tras la niebla na caseta da Libraría Biblos. Áurea L. Lamela asina En la carretera vieja na caseta da Libraría Aguirre.
Xoves 16 de maio. De 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas
17.30 horas. Espectáculo musical infantil e familiar A Ramona pequena vai á Lúa de Pakolas.
18.00 horas. Rosalía GT asina Unha pedra no zapato na caseta da Libraría Aguirre.
18.30 horas. Unha conversa de premio: charla entre Pablo Rañales, con Os Afogados, e Irene Rega Jul, con Tecendo redes.
18.30 horas. Elena Gallego Abad asina O legado da nena do sal na caseta da libraría Pedreira.
19.30 horas. Conversa entre os gañadores do premio Torrente Ballester de Novela, Amador Castro, con Pronto hei de volver, e o gañador do premio Raiña Lupa, Lois Pérez, con A tribo do mar.
Venres 17 de maio. De 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 21.00 horas
11.30 horas. Sonia Arias López asina Los zapatos del lobo na caseta da Libraría Aguirre.
12.00 horas. Sara Fernández Roig asina O bosque é a nosa casa na caseta da Libraría Trama. Francisco Narla asina Onde ouvean os montes na caseta da Libraría Pedreira.
12.30 horas. Rober Cagiao asina Entroido: Caza Mortal e o resto das súas obras na caseta da Libraría Agrasar. Atopa a túa Historia.
12.30 horas. Presentación e contacontos ilustrado O reino de Libelíño con Estefanía Padullés.
17.30 Teatro infantil: Pedras de Cartón representa a obra Moby Dick.
18.30 horas. ContAZ Lengua de Signos representa A Maleta.
19.30 horas. Mario Outeiro Iglesias presenta 19 (+1) escapadas polo Corgo. Guía visual do concello, estará acompañado por unha representante da Área de Cultura e do Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo.