Lugo instalará unha barreira contra o vertido de combustible no Miño

LugoXa
A área de Medio Ambiente pretende contribuír a controlar a evolución da mancha de combustible e atallar a posibilidade de que afecte á traída.
Barrera combustible miño
5 Jul 2022

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo, dirixida por Miguel Fernández, procederá a instalar nas próximas horas unha barreira de contención ao pé da Captación de Auga para tratar de frear o vertido detectado no río Miño, en Outeiro de Rei, a altura da parroquia de Santa Mariña.

Trátase dunha medida de carácter puramente preventivo coa que se pretende atallar a posibilidade de que a mancha de combustible siga a estenderse e chegue a afectar á traída pública da capital, contribuíndo así, ademais, a manter controlada a súa evolución.

Pese a que se descarta calquera risco para a saúde da poboación a área de Medio Ambiente lembra que os Depósitos Municipais de auga teñen unha capacidade de almacenaxe para dar servizo á veciñanza un mínimo de dous días, ao tempo que recorda tamén que o Concello realiza continuamente analíticas, con medidores específicos sobre unha serie de parámetros, para garantir a calidade e potabilidade da auga.

0.1705322265625