Lugo instalará unha pista de xeo no barrio da Milagrosa para as festas de Nadal

LugoXa
A iniciativa, promovida pola Asociación de Empresarios e Comerciantes da Milagrosa, o Concello e a Deputación, busca ampliar a programación de Nadal e ofrecer un espazo de lecer para todas as idades
pista-de-xeo-Nadal-Lugo-A-Milagrosa
11 Dec 2025

A Asociación de Empresarios e Comerciantes da Milagrosa, xunto co Concello de Lugo e a Deputación, promove a instalación dunha pista de xeo no barrio como "unha nova iniciativa de lecer para o Nadal", segundo explicou Arroxo.

O recinto contará con 200 metros cadrados destinados á práctica da patinaxe sobre xeo e abrirá ao público nos próximos días. O seu horario será de luns a venres de 16:30 a 23:00 horas, e os fins de semana de 11:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 23:00 horas. Nos días de Noitevella e Noiteboa, o peche realizarase ás 18:00 horas.

A idade mínima para acceder á pista será de 3 anos, e os nenos e nenas entre 3 e 5 anos deberán estar acompañados por un adulto. A capacidade máxima será de 50 persoas. As botas dispoñibles van desde o número 26 en adiante, e para números inferiores habilitarase un suplemento de dobre coitela sobre o zapato do usuario para un mellor equilibrio.

Con esta medida, a Tenencia de Alcaldía busca ampliar a "importante programación de Nadal", que inclúe 14 actividades pensadas para todos os públicos, co obxectivo de reforzar os espazos culturais da cidade e fomentar a participación social.

⚙ Configurar cookies
0.11408090591431