Lugo lembrou onte o legado de Asorey cun intenso programa de actos

LugoXa
A xornada comezou pola mañá con visitas guiadas a tres obras das obras de Asorey en Lugo
os-vieiros-de-asorey-exposicion
19 Sep 2024

Lugo celebrou durante toda a xornada ao escultor Francisco Asorey (Cambados, 1889-Compostela, 1961), a quen se dedicou este ano o Día das Artes Galegas, cunha extensa programación ao redor da obra en Lugo do artista, un dos escultores galegos máis representativos do século XX.

A xornada, coordinada pola artista lucense e académica da Real Academia Galega de Belas Artesa (RAGBA), comezou pola mañá con visitas guiadas a tres obras das obras de Asorey en Lugo: o monumento ao alcalde Ángel López Pérez no parque de Rosalía, guiada polo historiador Adolfo de Vilela; O Cristo Redentor, no cemiterio municipal de San Froilán e ao Museo Provincial de Lugo, que conta coas obras San Francisco de Asís e A ofrenda a San Ramón.

Á tarde, a deputada de Cultura Iria Castro, acompañada polo presidente da Real Academia Galega Manuel Quintana e a concelleira de Cultura Maite Ferreiro, inauguraron a exposición Os vieiros de Asorey, organizada pola Real Academia das Belas Artes coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para difundir a obra do escultor cambadés.

A mostra, con fotografías de Xurxo Lobato e textos de Felipe-Senén López Gómez, repasa a obra pública de Asorey, localizada en distintas localidades de Galiza - Lalín, Cambados, A Coruña, Compostela, Ourense, Lugo, Ferrol, Cangas do Morrazo, Pontevedra, Vigo, Mondariz e Samos-.

A deputada de Cultura Iria Castro explicou que “acompañamos a inauguración desta exposición, que poderá verse ata o 17 de outubro no Praza de San Marcos, dunha ampla programación para difundir a vida e obra de Francisco Asorey, colaborando coa Real Academia Galega de Belas Artes no propósito de consolidar a celebración do Día das Artes Galegas como efeméride para enxalzar a difundir a obra plástica galega” e “agradeceu o traballo da artista e académica Mónica Alonso na coordinación da xornada”

A xornada completouse cun programa de conferencias no Salón de Actos da Pazo de San Marcos, con intervencións da historiadora da arte Maribel Iglesias Baldonedo, sobre a representación das mulleres na obra de Asorey, e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro, que afondou no seu legado en Lugo. A continuación, Álvaro de la Vega, Xosé Cid e Blanca Besteiro participaron nunha mesa redonda sobre a técnica do escultor.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18795204162598