Lugo leva o modelo de urbanismo sostible ao IURC

LugoXa
A Comisión Europea seleccionou a candidatura presentada por Lugo, para participar no Programa Internacional de Cooperación Urbana e Rexional.
pavillón garaballa
1 Ago 2021

A Comisión Europea acaba de seleccionar a candidatura presentada por Lugo, para participar no Programa Internacional de Cooperación Urbana e Rexional (IURC), que centra as súas accións no desenvolvemento urbano sostible e a innovación, co fin de crear unha Rede Global de Referencia na que as cidades compartan experiencias e coñecementos, claves para a dimensión exterior da Unión Europea.

Lugo enfocou a súa proposta no modelo de transformación da cidade a través das distintas estratexias europeas, a LIFE Lugo + Biodinámico, que impulsa un urbanismo sostible a través da aposta pola madeira como material de construción das cidades resilientes contra o cambio climático, con iniciativas como o edificio Impulso Verde ou o primeiro barrio multiecolóxico de España, así como na estratexia

DUSI Muramiñae, coa que se impulsan accións que buscan unha nova mobilidade saudable mellorando a accesibilidade da trama urbana de Lugo ao río. Ademais, Lugo destacou na súa candidatura a súa relación con Alfoz, de onde procede a madeira galega certificada do Impulso Verde.

En esta candidatura valorouse a capacidade de adaptación de Lugo ao cambio climático, que os proxectos se executen aproveitando os recursos naturais propios, como a madeira, así como a aposta por fomentar a economía verde e circular a través da Estratexia Lugo Transforma, posta en marcha para captar, a través dun fondo inversor municipal de 12 millóns de euros, novas empresas de alto impacto social e medioambiental.

A través deste programa, Lugo acudirá a Xapón a dar a coñecer a súa experiencia xa que inclúe intercambios de gobernanza e coñementos a varios niveis, visitas de estudo e a creación de sinerxías.

O Programa Internacional de Cooperación Urbana e Rexional (IURC) organízase entre cidades, e neste caso Lugo irá a Xapón con Donosti (San Sebastián).

Este programa da UE está financiado polo Instrumento de Asociación e é executado conxuntamente polo Servizo de Instrumentos de Política Exterior e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea. Contribuirá aos obxectivos do Pacto Verde Europeo, á nova Carta de Leipzig, á Nova Axenda Urbana, á Axenda 2030 (ODS), á Axenda Urbana para a UE e aos obxectivos da Política de Cohesión Europea a través da diplomacia de cidade a cidade e os esforzos de colaboración para abordar os desafíos comúns.

0.19603800773621