Lugo licita a instalación de seis novos pasos de peóns elevados para mellorar a seguridade viaria

LugoXa
Esta actuación, cun orzamento base de 96.724,51 euros, ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria e fomentar un tráfico máis calmado
pasos_elevados_en_lugo
2 May 2025

O tenente de alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou a apertura do proceso de licitación para a construción de seis novos pasos elevados en distintos puntos da cidade.

Esta actuación, cun orzamento base de 96.724,51 euros, ten como obxectivo reforzar a seguridade viaria e fomentar un tráfico máis calmado nas zonas urbanas e periurbanas.

Os novos pasos de peóns elevados instalaranse nos seguintes puntos:

  • Rolda de Fingoi (Centro de Convivencia): un paso elevado en cada calzada, de aproximadamente 7 metros de largura.

  • Avenida de Magoi, 92: dous pasos elevados, un de 6 metros preto do portal 92 e outro de 9 metros no lado do supermercado Gadis.

  • Avenida Miguel de Cervantes, 47-64: un paso elevado de 10,6 metros á altura da praza de estacionamento para persoas con mobilidade reducida.

  • Rúa Illas Canarias, 208: un paso elevado de 6,3 metros fronte ao número 208.

  • Rúa Túnel de Oural: paso elevado entre a rúa Ferreiriño e a rúa Avutarda, con largura entre 10,1 e 10,6 metros.

  • Rúa Flor de Malva, 86: paso elevado de 10 metros aproximadamente á altura do número 86.

Segundo explicou Rubén Arroxo, "esta intervención dá continuidade á aposta pola mellora da seguridade peonil nos barrios e zonas máis afastadas do centro urbano, reducindo a velocidade dos vehículos e creando espazos máis seguros para a veciñanza". Ademais, destacou a importancia das medidas de calmado de tráfico, especialmente nas zonas escolares, agora estendidas a outras áreas da cidade.

As obras inclúen tamén a instalación de novos sumidoiros conectados á rede de augas pluviais, así como a actualización da sinalización vertical e horizontal.

O Concello comprométese a realizar os traballos minimizando as molestias para a veciñanza e reducindo ao mínimo imprescindible os cortes de tráfico.

⚙ Configurar cookies
0.18139791488647