Lugo Momental elixe aos gañadores da décida edición do concurso de animación na rúa
Lugo Monumental entregou este mércores os premios aos grupos gañadores do X Concurso e Animación Rueira de Entroido. Trátase dunha cita que xa se consolidou e que, grazas á colaboración dos locais participantes, reparte 1.000 euros en premios, en vales de compra en establecementos asociados.
“Tendo en conta que a asociación conta xa con case 150 locais adheridos, a diversidade dos mesmos permite aos gañadores usar os seus vales en practicamente calquera cousa que desexen”, aseguran.
Este ano resultou ganador o grupo chamado Os meus trofeos non son feos, que recibiu doce vales de compra de 50 euros. Os Babies quedou en segunda posición, conseguido seis vales de compra de 50 euros; mentres que Irmandade do Ro-Frío fíxose co terceiro premio e dous vales de compra de 50 euros.