Lugo Monumental destacou o éxito da iniciativa de poñer unha pantalla xigante para a final da Eurocopa

LugoXa
O abarrote da Praza de Santa María foi total e absoluto
praza-de-santa-maria-pantalla-xigante-eurocopa
Un momento da retransmisión
15 Xul 2024

Lugo Monumental considera un éxito rotundo a instalación da pantalla xigante para a final da Eurocopa 2024.

A Asociación agradece aos locais patrocinadores, o público, TVE, a empresa instaladora, as forzas de seguridade, os servizos de limpeza e á Xunta de Galicia a súa intervención nesta iniciativa.

Desde Lugo Monumental fan fincapé na urbanidade demostrada por decenas de persoas que, unha vez finalizado o encontro, axudaron á organización para recoller os desperdicios que outras persoas deixaron na praza.

"A Praza de Santa María estivo abarrotad< de forma absoluta. A mobilización cidadá que produciu a Selección Española na final da Eurocopa 2024 tivo un eco extraordinario na iniciativa de Lugo Monumental para instalar unha pantalla xigante no centro histórico da cidade", dixeron.

"Moitos foron os asistentes que, unha vez terminaron o partido, mostraron o seu agradecemento á Asociación pola instalación da pantalla e tamén hai que facer notar a repercusión na zona xa que, aínda que o público foi en gran número á Fonte do Rey a celebrar a vitoria de España, a inmensa maioría regresou ao centro histórico para gozar da festa", concluíron.

0.43951082229614