Lugo Monumental entrega os premios da Ruta do Cocido por (E)TAPAS
Lugo Monumental entrega os premios aos gañadores da Ruta do Cocido por (E)TAPAS, na que participaron cinco locais de hostalaría. Ata o día 17 de marzo, A Adega, Santuario de Magnus, Restaurante Antas, 101 viños e Orixe do Campo impulsaron unha ruta que permitiu degustar cinco diferentes tapas de cocido.
Os clientes participaron nun sorteo con diferentes premios. O primeiro, unha visita guiada a una bodega da Ribeira Sacra foi para Silvio Novo Gambón, mentres que o segundo e o terceiro foron para María Xosé Gadraman Pérez e Mercedes Soler Martínez.
Os locais ofreceron a mesma base (verdura, pataca e garavanzo) e cada un deles unha carne distinta. A orixinal iniciativa de cinco locais da Praza do Campo converteu esta simbólica localización da cidade no punto central da ruta. O éxito da iniciativa augura futuras edicións e mesmo outras similares con diferentes contidos.