Lugo Monumental promove unha iniciativa para mellorar o comercio

LugoXa
Vinte establecementos de Lugo participarán na xornada inaugural, que terá lugar no día de hoxe, 14 de xullo.
comercio
14 Xul 2021

A asociación de empresarios Lugo Monumental promove a iniciativa Los miércoles se salen, enfocada a que o comercio de proximidade salga ás rúas do centro histórico unha vez por semana aproveitando o verán. Coa colaboración do Concello de Lugo, a intención é que o pequeno comercio gañe visibilidade.

Dende a asociación defenden que "non se trata de efectuar campañas baseadas en descontos ou ofertas, aínda que cada local ten a liberdade de tomar as decisións que considere oportuno, senón de "gañar a rúa" para o comercio, utilizando unha pequena franxa fronte aos locais para instalar mesas cos seus produtos, atraccións, cartelería ou o que cada establecemento crea conveniente".

A iniciativa comeza no día de hoxe, 14 de xullo, e durará o tempo que os participantes desexen, o que probablemente se vinculará á climatoloxía. Con todo, experiencias como a da rúa da Raíña ou a rúa Progreso demostraron que este tipo de iniciativas son moi apreciadas polos comerciantes mesmo en épocas en que o clima aparentemente non acompaña.

Unha estética con significado

O deseño central do cartel, obra da ilustradora Lucía Barrios, reflicte a importancia do comercio local, que é o que rega a cidade para que florezan o emprego, os servizos públicos, o benestar ou a atención persoal. Así mesmo, dende a asociación sinalan que "a roda supón a economía de proximidade é a base da existencia de asociacións como Lugo Monumental, que actualmente agrupa xa a 113 empresas do recinto amurallado da cidade, cun crecemento sostido mesmo durante a difícil época económica que vivimos".

cartel comercio lugo
0.15641403198242