Lugo Monumental solicita a paralización dos proxectos de peonalización do casco histórico

LugoXa
A asociación Lugo Monumental solicita a paralización dos actuais proxectos de peonalización do casco histórico
Praza do Ferros
16 Mar 2023

Lugo Monumental vén de rexistrar unha solicitude para que o Goberno Local paralice os procesos de peonalización que hai sobre a mesa para "abrir un proceso de debate e reflexión conxunta para un tema de tanta importancia".

Tras o debate convocado pola asociación Lugo Monumental no que participaron os catro grupos políticos con representación municipal  declaran que "chama a atención que unhas medidas tan importantes como as proxectadas estean a esconderse á poboación. Na páxina web do Concello non hai ningún apartado na entrada principal que remita ao que se pretende facer sobre zona de baixas emisións ou
peonalización, aínda que si haxa apartados relativos ás modificacións na Praza da Constitución ou un polideportivo que se afirma que se construirá".

"Mesmo na parte específica sobre ZBE non están enlazados os tres proxectos que se licitaron, e aos que só se pode acceder seguindo unha procura bastante confusa na Plataforma de Contratación do Estado" engaden desde a asociación que publicou na súa web os tres proxectos en licitación.

"A representante do PSOE, Paula Alvarellos, recoñeceu que non teñen estudos que indiquen cantos vehículos dos 6.500 que afirman que transitan por Montevideo actualmente, deixarán de facelo tras esa peonalización" e por eso dende Lugo Monumental consideran que é "prematuro facer un investimento multimillonaria nunha proxección que realmente só se basea en querer pechar ao tráfico un pequeno espazo na praza do Ferrol".

"A proposta de Lugo Monumental non vai contra a peonalización, senón xusto ao contrario, proponse a entrada ao aparcamento desde San Fernando, que se convertería en vía de dobre dirección, e daríase así solución para un acceso cómodo e rápido desde a Rolda e a Avenida da Coruña"  conclúen desde a asociación.

0.19266414642334