'Lugo Muralla Única', unha campaña para visibilizar o monumento a nivel internacional

LugoXa
Rubén Arroxo presenta a campaña Lugo Muralla Única que buscar visibilizar a muralla a nivel internacional a través de diferentes entrevistas
lugo muralla unica
3 Nov 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentaron a campaña LugoMurallaÚnica, “un proxecto que busca visibilizar a nosa Muralla a nivel internacional e que destaca o feito de ser a a única muralla romana do mundo que se conserva completa, ademais de ser a máis antiga de todo o planeta”, explicou Maite Ferreiro. Na presentación estiveron presentes o guía turístico Guido Álvarez, coordinador do proxecto, e por unha representación das persoas participantes, Salva Arco (barcelonés, ex xogador do Breogán), Shannon T. Emery (estadounidense, profesora de inglés) e Amadine Loaec (bretoa, administrativa)

A campaña LugoMurallaÚnica consta de 7 entrevistas en 6 idiomas (inglés, francés, italiano, portugués, castelán e galego) que darán a coñecer distintos aspectos históricos e culturais da Muralla de Lugo dende a perspectiva de 7 persoas nacidas fóra, pero que viviron ou viven na cidade. A área de Cultura contou con Alessandra Orsili (ex-xogadora do Ensino e internacional coa selección absoluta italiana), Simón Rodríguez (venezolano, informador turístico na Oficina Municipal), Shannon T. Emery (estadounidense, profesora de inglés), Salva Arco (barcelonés, ex-capitán do Breogán e director da Fundación Breogán), Mariana Capovilla (brasileira, ex-xogadora do Emevé), Amandine Loaec (bretoa, administrativa nunha empresa de Lugo) e Elena Belgrano (arquitecta italiana) para este proxecto.

A edil de Cultura destacou que a iniciativa #LugoMurallaÚnica é a primeira das actividades que se celebran dentro da programación do 22º aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade UNESCO. As redes sociais de Cultura e Turismo de Lugo mostrarán un avance da campaña #LugoMurallaÚnica este domingo ás 22:00, e as 7 entrevistas serán publicadas tamén ás 22h00 todos os luns de novembro e decembro previos ao Nadal.

Ademais disto, o proxecto buscará implicar á veciñanza e a todas as persoas que o desexen, animándoos a publicar nas redes sociais vídeos falando sobre a Muralla e utilizando sempre o cancelo #LugoMurallaÚnica na procura de viralizar ao monumento romano a nivel internacional.

 

lugo muralla unica

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20326399803162