Lugo participa no IV Foro das Cidades de Madrid 2021
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, participou na mañá de onte no Foro das Cidades de Madrid 2021, un dos principais espazos de debate sobre o futuro urbano grazas a alta representación e o número organizacións impulsoras, máis de 70, e de cidades participantes, máis de 50 españolas e latinoamericanas.
A rexedora foi convidada a participar de forma virtual na mesa de debate Cidades con pensamentos verdes para explicar el proxecto Lugo+Life, onde se analizou o desenvolvemento e as vantaxes das novas visións sobre as infraestructuras verdes. Méndez incidiu no modelo de cidade no que se está a traballar, “seguindo unha estratexia innovadora de planificación urbana dirixida a actuacións de escala intermedia en barrios ou áreas residenciais para lograr tecidos urbanos resilientes e adaptados ás consecuencias e efectos do cambio climático”.
Lara Méndez puxo en valor o proxecto, co que non só se busca mellorar a calidade de vida da veciñanza, máis saudable, recuperando espazos para os peóns e apostando por unha nova mobilidade, reducindo o uso dos vehículos, senón tamén impulsar o sector forestal ao fomentar o uso da madeira de Galicia como elemento estrutural das vivendas e dos edificios. Neste senso, o referente en España e Europa está a ser o Impulso Verde, que se levanta na Garaballa, “que será o xerme do primeiro barrio multiecolóxico de España, concebido como unha aldea urbana pola súa concepción sostible e de eficiencia enerxética, que busca crear novos hábitos de vida e novas relacións interxeracionais”, sostivo.
A alcaldesa avanzou ademais, que a marca sostible de Lugo, Lugo Cidade Viva se está a converter nun factor clave para a atracción de empresas vinculadas coa economía verde e circular, investimentos que tamén se buscan a través da Estratexia Lugo Transforma, un fondo municipal de 12 millóns de euros para impulsar a diversificación económica da cidade e a creación de postos de traballo que permitan reter o talento.