Pechan os parques municipais ante a alerta amarela por ventos de ata 80 quilómetros por hora

LugoXa
Transición Ecolóxica precinta Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela e pide á cidadanía que evite as zonas arboradas mentres dure o temporal
Parque-Rosalía-de-Castro-Lugo
11 Feb 2026

A Área de Transición Ecolóxica do Concello de Lugo decretou novamente o peche dos parques da cidade tras a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía da chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo. Segundo as estimacións, agárdanse ventos de compoñente suroeste con refachos que poden acadar os 80 quilómetros por hora e que afectarán ao centro da provincia.

Dende o departamento municipal explican que operarios dos servizos públicos procederán a precintar os parques de Rosalía de Castro, Frigsa, Paxariños e Marcos Cela, quedando prohibido o acceso a estes espazos verdes dende o momento no que se faga efectivo o peche.

O Concello fai ademais un chamamento á responsabilidade da veciñanza para que respecte as restricións establecidas e evite achegarse ás zonas verdes con abundante arboredo mentres se manteña o episodio de vento, co obxectivo de reducir riscos e garantir a seguridade das persoas.

⚙ Configurar cookies
0.083865880966187