Lugo pon en marcha dous proxectos para a recollida de materia orgánica e compostaxe

LugoXa
Lugo pondrá en marcha dos proyectos para la recogida de materia orgánica y compostaje. Incluye nuevos colectores.
Plataforma de acceso a illa de reciclaxe
10 Feb 2022

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo dará un impulso ao tratamento dos biorresiduos coa posta en marcha de dous proxectos, un para implantar a recollida separada dos restos destinados a instalacións específicas de tratamento biolóxico e, outro, para fomentar a súa separación e reciclaxe en orixe mediante a compostaxe doméstica e comunitaria.

A Administración local autorizaba onte, en Xunta de Goberno, concorrer ás dúas liñas que, a este respecto, recolle a convocatoria de achegas autonómicas habilitadas ao abeiro dos Fondos de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea.

Trátase dunha iniciativa que trata de fornecer a cidade daqueles recursos económicos que permitan seguir avanzando no modelo de cidade sostible e verde, dentro da estratexia de loita contra o cambio climático e, dentro da cal, un dos principais obxectivos é acadar a correcta xestión dos residuos xerados no municipio, cun mínimo impacto ambiental e sobre a saúde das persoas.

O investimento nestas actuacións alcanzará os 311.400 euros, sendo sufragado polo Concello o 10% dos custos.

Estarase a traballar, así, en paralelo á próxima entrada en vigor do novo contrato do servizo de limpeza viaria, avanzando, por unha banda na recollida de biorresiduos e, por outra, propiciando que a separación se faga xa en orixe para evitar o vertido incontrolado de refugallos e minorar as consecuencias que isto ten para o ecosistema o que reverterá, directamente, na redución de gases de efecto invernadoiro ao mesmo tempo que actuamos sobre outro aspecto fundamental como é a concienciación cidadá, implicando á veciñanza na xestión dos desperdicios orgánicos.

Entre as actuacións que se contemplan levar a cabo a través desta subvención figura a adquisición de colectores para a recollida separada de biorresiduos na vía pública, así como de caldeiros e composteiros comunitarios e domésticos, tanto para uso individual ou familiar como destinados aos considerados grandes xeradores, entendéndose como tales os restaurantes, maioristas, comedores, servizos de restauración colectiva e establecementos de consumo polo miúdo.

Igualmente o Concello se abastecerá de sacas reutilizables, biotrituradoras e outros aparellos destinados a controlar o proceso de compostaxe como termómetros, aireadores e tamizadoras e mesmo camións específicos para a retirada e traslado deste tipo de refugallos, ao tempo que desenvolverá campañas informativas e de sensibilización entre a poboación.

0.18198013305664