Lugo por Palestina anima a participar na concentración de apoio ás detidas nas protestas de 'La Vuelta'

Lugo por Palestina, De Courel a Palestina e a Rede Galega pola Palestina convocan unha concentración diante dos xulgados de Lugo para este xoves, 11 de decembro, a partir das 10.30 horas.
Esta manifestación encádrase no feito de que as oito persoas detidas na etapa do Corgo de 'La Vuelta' durante as protestas en solidariedade co pobo palestino, son chamadas a declarar como investigadas nun delito de 'Desordes públicas'. Por este motivo, chaman a todas as persoas solidarizadas coa causa palestina a concentrarse diante dos xulgados.
Ademais, a Plataforma Lugo por Palestina ten en marcha unha campaña de solidariedade coas para recadar fondos cos que facer fronte ás multas que esperan recibir. "No caso de que a campaña de recadación supere a contía necesaria, comprometémonos a destinar o excedente á causa palestina", destacan.