Lugo por Palestina convoca este domingo unha mobilización polo fin das relacións con Israel

LugoXa
Lugo por Palestina convoca para este domingo 25 de febreiro unha mobilización polo fin de comercio de armas e relacións con Israel.
manifetacion palestina lugo1
24 Feb 2024

Lugo por Palestina convoca para este domingo 25 de febreiro unha mobilización polo fin de comercio de armas e relacións con Israel. A concentración está prevista sobre as 12.00 horas na Praza Maior, nunha xornada que supón o segundo día de concentracións a nivel estatal para defender ao pobo palestino.

Xa o pasado mércores, 31 de xaneiro, a plataforma uniuse ao chamamento de BDS Galiza, Galiza contra o sionismo, e convocou unha concentración diante da Subdelegación do Goberno de Lugo, ás 12.00 horas para pedir ao Goberno do Estado, o fin real das relacións con Israel.

Pedían en primeiro lugar que se lidere un alto o fogo inmediato e permanente; que se poña fin á compravenda de armas e de tecnoloxía militar e de seguridade con Israel; que se apoie a demanda presentada por Sudáfrica no Tribunal Internacional de Xustiza contra Israel por xenocidio e que se recupere a xurisdición universal, entre outras cuestións.

“Queremos recoñecer a resistencia do pobo palestino fronte á ocupación, a limpeza étnica, o apartheid e a colonización e instamos á sociedade civil e esiximos ás institucións impulsar a campaña de Boicot, desinvestimentos e Sancións (BDS), a coalición con maior respaldo da sociedade palestina, que busca rexeitar a normalización das políticas de apartheid israelís e exercer presión para facer insostible un réxime de ocupación ilegal, colonialismo e apartheid”, defendían.

0.089363098144531