Lugo por Palestina convoca outra manifestación para este mécores

LugoXa
A Plataforma Lugo por Palestina súmase este mércores, 31 de xaneiro, ao chamamento de BDS Galiza, Galiza contra o sionismo, e convocou unha concentración diante da Subdelegación do Goberno de Lugo, ás 12:00 horas para pedir ao Goberno do Estado, o fin real das relacións con Israel .
manifestacion lugo por palestina portada
29 Xan 2024

A Plataforma Lugo por Palestina súmase este mércores, 31 de xaneiro, ao chamamento de BDS Galiza, Galiza contra o sionismo, e convocou unha concentración diante da Subdelegación do Goberno de Lugo, ás 12:00 horas para pedir ao Goberno do Estado, o fin real das relacións con Israel .

Presentarase nesta sesión no Rexistro desta Sbdelegación de Goberno, un escrito coas esixencias. Piden en primeiro lugar que se lidere un alto o fogo inmediato e permanente; que se poña fin á compravenda de armas e de tecnoloxía militar e de seguridade con Israel; que se apoie a demanda presentada por Sudáfrica no Tribunal Internacional de Xustiza contra Israel por xenocidio; que se recupere a xurisdición universal e incremente o apoio do Estado español á Corte Penal Internacional; que se rompa relacións diplomáticas, institucionais, económicas, deportivas e culturais con Israel, e que se poña fin á persecución e criminalización da solidariedade con Palestina e derrogue a Lei mordaza.

"Queremos recoñecer a resistencia do pobo palestino fronte á ocupación, a limpeza étnica, o apartheid e a colonización e instamos á sociedade civil e esiximos ás institucións impulsar a campaña de Boicot, Desinvestimentos e Sancións (BDS), a coalición con maior respaldo da sociedade palestina, que busca rexeitar a normalización das políticas de apartheid israelís e exercer presión para facer insostible un réxime de ocupación ilegal, colonialismo e apartheid", din.

0.24204587936401