Lugo por Palestina denuncia no Caudal Fest a vinculación do evento con fondos proisraelís

LugoXa
Ademais da repartición de información, o colectivo desenvolveu unha concentración ás portas do recinto
palestina-caudal-fest
20 Sep 2025

A Plataforma Lugo por Palestina participou este venres no transcurso do Caudal Fest cunha acción informativa na que advertiu á cidadanía sobre a relación do festival co fondo de investimento proisraelí KKR, propietario último deste evento musical xunto co Resurrection Fest, o Morriña Fest e o Son do Camiño, así como doutros festivais no conxunto do Estado.

Ademais da repartición de información, o colectivo desenvolveu unha concentración ás portas do recinto para reclamar que o Caudal Fest cumpra cos catro mínimos éticos establecidos por BDS, a maior coalición palestina, e que rompa vínculos coas súas “raíces económicas sionistas”.

A Plataforma anunciou que este sábado 20 de setembro volverá estar presente na entrada do festival cunha mesa informativa entre as 17:00 e as 21:00 horas, rematando a xornada cunha nova concentración de denuncia.

⚙ Configurar cookies
0.10311889648438