Lugo prepárase para as eleccións municipais

LugoXa
Lugo prepárase para as eleccións municipais es os principais partidos xa contan con candidatos para optar á Alcaldía
Foto elecciones municipales
11 Mar 2023

O vindeiro 28 de maio celebraranse as elección municipais en Lugo e toda Galicia, e terán lugar o cuarto domingo do mes de maio tal e como recolle a lei electoral. As lista definitivas terán que quedar proclamadas o 1 de maio e a campaña electoral dará comezo o día 12 e rematará o venres 26, sendo o sábado 27 de maio a xornada de reflexión.

As pasadas elección municipais foron celebradas no ano 2019 onde a lista máis votada foi a do Partido Popular con Ramón Carballo como cabeza de lista, obtendo un 31 por cento do total de votos e quedando con 10 concelleiros no goberno. O segundo partido máis votado foi o PSOE que acadou un total do 25 por cento dos votos obtendo 8 concelleiros no goberno.

O BNG sería a terceira agrupación con máis número de votos, un 16 por cento do total e quedando con cinco concelleiros no goberno e o último partido en obter representación foi Ciudadanos cun 8 por cento dos votos e quedando con dous concelleiros no goberno.

O concello de Lugo estivo gobernado estes últimos catro anos polo PSOE e o BNG en coalición onde se repartiron as concellerías e se mantiveron ao fronte do Goberno da capital lucense.

Para o PSOE está a Alcaldía, posto que ocupa Lara Méndez, a área de Cohesión e Dinamización Social formada por Desenvolvemento Local e Emprego, Xuventude e Deportes, Benestar Social e Igualdade e Muller. Os socialistas tamén contan coas áreas de Cohesión Territorial, Gobernanza Municipal e Sostenibilidade Urbana.

Pola súa banda o grupo nacionalista conta con Rubén Arroxo como primeiro tenente de alcalde e dirixe as áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Mobilidade e Infraestruturas e Participación e Servizos para a Veciñanza.

Para estas eleccións, que terán lugar o 28 de maio os partidos políticos xa contan con cabezas de lista, e aínda que hai algunha cara nova, outros repiten candidatura.

PSOE

Polo partido socialista, a actual alcaldesa Lara Méndez que ocupa o cargo á cabeza do Concello dende o ano 2015 volve optar á Alcaldía para este 2023.

Méndez naceu en Suíza pero os seus pais son de orixe galego, naturais de Cervo. Conta con formación como Técnico Agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela e realizou durante anos labores de docencia impartindo cursos de formación relacionados co sector agrícola en diferente puntos de Galicia.

Realizou traballos tamén vinculados ao desenvolvemento do medio rural e impulsando o movementos asociativo rural coa creación de Fademur, asociación da que posteriormente foi vicepresidenta.

A súa carreira política da comezo nas Xuventudes Socialistas de Cervo onde foi secretaria e dende 2003 ocupou o cargo de concelleira na localidade cervense. Dende o ano 2007 ocupou o cargo de concelleira no municipio de Cervo e a vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Nas elección municipais de 2015 foi número dous da lista no concello de Lugo e tras unha renuncia do ata o momento alcalde de Lugo, José López Orozco pasou a ser cabeza de lista. Foi elixida alcaldesa, con apoio doutros partidos de esquerda e gobernou en minoría con oito concelleiros.

Lara Méndez foi a primeira muller en ocupar a Alcaldía no Concello de Lugo. Nas eleccións do ano 2019, xa como cabeza de lista, volveu saír alcaldesa grazas ao acordo alcanzado co BNG con que goberna en bipartito.

Dentro das súas políticas durante estes anos de mandato destacan a transformación da cidade a través dun urbanismo máis sostible e verde impulsando proxectos como o Muramiñae que busca conectar a Muralla ao Miño ou o proxecto Life Lugo + Biodinámico coa planificación dun barrio multiecolóxico como modelo.

BNG

O BNG repite nestas eleccións de 2023 o candidato que presentou nas dúas últimas ocasións, o lucense Rubén Arroxo será a persoa encargada de optar á alcaldía polo Bloque Nacionalista Galego.

Nado en Lugo no ano 1985 Arroxo conta con formación como Arquitecto Técnico e ademais está moi vinculado ao deporte con formación como adestrador de atletismo. Comezou a súa andaina na política na organización xuvenil Galicia Nova, vinculada ao Bloque Nacionalista Galego, que é unha organización asemblearia estruturada en agrupacións locais e comarcais, onde tivo diversas responsabilidades.

Tamén estivo moi vinculado á plataforma Miño si, Gasolineira non dende a que se realizou unha oposición a construción dunha área de servizo preto do Miño a través da reivindicación da protección ambiental da zona, considerada reserva da biosfera e que estaba cerca dunha zona LIC.

 Arroxo foi cabeza de lista polo Bloque Nacionalista Galego nas dúas últimas elección, en 2015 e 2019 e volve presentar a súa candidatura para estas vindeiras eleccións que se celebrarán en maio despois de ocupar durante catro ano o posto de tenente de alcalde no Concello de Lugo.

Destaca o traballo de peonalización realizado ao longo destes catro de ano de mandato con actuacións como a da Mosqueira ou Recatelo. Dende o BNG realizan tamén unha forte aposta pola cultura de calidade e variada e dentro das súas reclamas e propostas o grupo municipal está realizando unha campaña para mellorar as comunicación en tren de Lugo, coa campaña Lugo Quere Tren, para que a cidade teña unhas mellores infraestruturas de comunicación a través da recollida de sinaturas.

PP

O Partido Popular cambia de candidato e para as vindeiras eleccións do 28 de maio presenta para a loita pola Alcaldía a Elena Candia. Nacida en Mondoñedo en 1978 Candia está licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña e traballou no entorno dos seguros.

Sempre vinculada politicamente co Partido Popular comezou a súa carreira como concelleira de Mondoñedo tras as eleccións do ano 2003 e nas eleccións municipais de 2015 encabezou a lista do PP á Alcaldía de Mondoñedo sendo elixida alcaldesa tras ser a lista máis votada.

Neste mesmo ano foi elixida presidenta da Deputación de Lugo grazas a Manuel Martínez que se votou a si mesmo en contra do candidato do partido socialista Darío Campos. Candia ocupou este cargo ata que en outubro unha moción de censura do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista a apartou do cargo que pasaría a ocupar o candidato socialista Darío Campos.

No ano 2011 asumiu a responsabilidade de ser a voceira do PP na Deputación, desde o ano 2016 ocupa o cargo de presidenta provincial do PP en Lugo e en maio do 2022 comezou a ser vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia.

Ciudadanos

O grupo municipal de Ciudadanos repite tamén candidata con Olga Louzao como cabeza de lista. Nada en Lugo no ano 1979 Olga está licenciada en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e laboralmente estivo vinculada ao mundo da banca e dos seguros.

Será a terceira vez que se presente como cabeza de lista pola agrupación laranxa da que xa encabezou as listas nas eleccións do 2015 e 2019 conseguindo dous representantes nas dúas ocasións. Louzao, actual portavoz municipal de Ciudadanos na cidade de Lugo ocupa tamén os cargos de coordinadora autonómica e portavoz do partido en Galicia.

Entre os partidos que non tiveron representación a pasada lexislatura, Podemos Lugo, con Ximena Cheda como cabeza de lista, e Esquerda Unida, con Chus Rodríguez como número un, veñen de anunciar un acordo de coalición polo que concorrerán en conxunto nas vindeiras eleccións de maio.

Tras varias xuntanzas, ambas organizacións pecharon o pacto co cal poder presentar un proxecto “para mellorar as vidas de todos e todas as cidadás de Lugo” e será Chus Rodríguez quen encabece esta lista conxunta.

Por VOX presentarase a enxeñeira Sonia Teijeiro e queda por saber que pasará con Lugonovo-Mareas.

graficos lugoxa elecciones
Foto Lara Méndez, alcaldesa de Lugo
Rubén Arroxo 2
Elena candia
saf cig pastoriza saf manifestacion
0.19867587089539