Lugo prepárase para La Vuelta

LugoXa
Respecto ao traxecto desta décimo terceira etapa, arrancará na Horta do Seminario, para continuar pola rúa Bispo Aguirre
la-Vuelta-lugo
26 Aug 2024

A saída desde o centro de Lugo da decimo terceira etapa da Vuelta a España ten detrás un importante traballo de planificación de ata nove servizos municipais, que desde hai meses traballan no deseño de plans de tráfico e dispositivos de reforzo, baixo a coordinación do Servizo de Deportes. Respecto ao traxecto desta décimo terceira etapa, arrancará na Horta do Seminario, para continuar pola rúa Bispo Aguirre, dar a volta practicamente completa por toda a Rolda da Muralla, e baixar pola rúa Santiago cara a N-VI, para tomar a saída lanzada.

O edil responsable desta área, Jorge Bustos, destaca o “gran valor promocional dun evento deportivo deste nivel que esixiu meses de traballo de moitos departamentos municipais para que a saída desde Lugo sexa perfecta, ao igual que a imaxe da cidade”.

O Goberno local tivo que mobilizar recursos e planificar esta complexa engrenaxe, co obxectivo de que todo estea a punto para a saída do pelotón, prevista para as 12.55 horas. Bustos explica que “a planificación comezou o pasado 18 de maio, coa implicación de moitos departamentos como Limpeza, Augas, Vías e Obras, Electromecánica, Enxeñaría, Transición Ecolóxica, Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, todos eles baixo a coordinación da área de Deportes”.

Durante estes meses houbo que establecer plans de tráfico para o día previo da proba e a xornada da propia etapa, ademais doutro alternativo para veciños e veciñas, vehículos de emerxencia ou transporte público; preparar un novo sistema de recollida de lixo para estes días; instalar novos puntos de acometida de augas para o sistema de abastecemento que require unha proba desta envergadura ou instalar novos puntos de luz e acometidas eléctricas, ademais de nova sinalización ou retirada de bolardos.

De feito, o plan de tráfico contabiliza a instalación de case 110 valos e dunhas 120 sinais para comunicar as rutas alternativas ás e aos lucenses. Hai que ter en conta que pese a que a saída será ás 12.55 horas, os cortes das rúas, dos que se informará en datas próximas, abarcará dende as 09.00 horas do día anterior á proba ata as 16.15 horas da xornada da etapa. Outro dos servizos que tivo que preparar un dispositivo especial é o de limpeza, dependente da área de Transición Ecolóxica. Así, Miguel Fernández, explica que “prestarase especial atención á limpeza viaria, fregado e decapado de beirarrúas, calzadas e prazas, baldeo mecánico e mixto, varrido mecánico e manual e eliminación de carteis e pintadas.

 

No apartado de recollida de RSU, colocaranse doce contedores de fracción resto, seis de bolsa amarela e realizarase un servizo de recollida específica de papel e cartón, para a correcta imaxe de todo o percorrido”. Para iso os traballos iniciaranse o xoves, 22 de agosto, actuando sobre as zonas descritas. O xoves día 29, durante as tres quendas de traballo, actuarase de maneira intensiva no lavado de rúas e calzadas e o varrido mecánico de prazas, calzadas e beirarrúas, para o día 30 de madrugada finalizar os últimos traballos e deixar listas as zonas antes das 09.00 horas.

Tamén se intervirá na limpeza especial de todas as rúas e prazas polas que transcorrerá o pelotón ciclista, para o que se mobilizarán os recursos municipais, con ata dez vehículos mecánicos, entres eles camións cisternas de rego e baldeo, fregadoras, varredoras ou equipos de limpeza de alta presión, entre outros, ademais dun equipo de ata 18 traballadores desta área. Ademais da coordinación de todos estes servizos, a área de Deportes traballou tamén en colaboración cos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado. Por unha banda, a Policía Local incrementará o número de efectivos para esta xornada, polo que aos axentes que integran a quenda habitual, cun oficial e oito policías, se reforzará con dous inspectores, seis oficiais e 19 policías, cun total de 36 efectivos.

Por outra, Protección Civil incorporará oito traballadores para asistir á Policía Local, nos labores de protección e seguridade no percorrido da etapa pola cidade de Lugo, ata a saída neutralizada do pelotón na N-VI, punto no que pasará a ser competencia da Garda Civil. Tamén o dispositivo habitual de bombeiros se verá reforzado para completar os nove efectivos, que asistirán con dúas dotacións para o centro de Lugo e para a zona vip, ademais de cubrir o aterraxe do helicóptero da Vuelta ciclista, na explanada das costas do parque na que se instala habitualmente a barraca do Ratón Vacilón.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.097750902175903