Lugo prepárase para o terceiro festival das escolas de danza de Lugo

LugoXa
Realizarán mostras na rúa entre o 23 de abril e o 10 de maio e o auditorio Gustavo Freire acollerá un espectáculo de fusión de distintos estilos o vindeiro 28 de abril
escolas-de-danza-de-lugo
21 Apr 2025

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a terceira edición do festival de danza organizado polas escolas de Lugo Primavera e danza, que conta coa colaboración da Tenencia de Alcaldía do Concello de Lugo a través da área de Cultura.

"Renovamos o noso apoio coas escolas de Lugo para continuar a difundir a danza e as súas distintas formas, aproveitando as rúas como un gran escenario para as distintas agrupacións", explicou Maite Ferreiro, que estivo acompañada por integrantes das distintas escolas de danza lucenses na presentación.

O festival celebrarase entre o 23 de abril e o 10 de maio, coas distintas escolas realizando exhibicións no fondo da praza Maior, e rematará o 28 de abril cun espectáculo de fusión de distintos estilos que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20:00.

Ferreiro afirmou que con esta iniciativa a Tenencia de Alcaldía continúa a apoiar á danza "aumentando a nosa aposta, despois de contar cunha programación estable de danza ao longo de todo o ano".

Datas danza na rúa (fondo da praza Maior, en caso de choiva, soto da Praza de Abastos):

- ⁠Oxeito, 23 de abril 18:30.
- Magie Dance, 26 de abril 12:00.
- Gravitty, 27 abril 16:30.
- Victoria Gil, 7 de maio ás 17:30
- Star Dance, 9 de maio 17:00.
- Escola Palimoco Teatro e Danza - 10 de maio ás 12:00
- Teresa Neri non fará actuación na rúa pero si estará no auditorio

⚙ Configurar cookies
0.16667294502258