Lugo presenta a súa programación de Nadal

LugoXa
Arrancou co acendido do alumeado e a Cabalgata de Reis porá o punto e final
presentacion-programa-nadal
7 Dec 2024

Despois do encendido das luces de nadal, o tenente alcalde, Rubén Arroxo, xunto coas concelleiras de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a de Participación, Cristina López, lembrou a “ampla programación” organizada dende o Concello de Lugo durante o Nadal do 2024, que conta con actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, ou no Vello Cárcere, entre as que se atopan actuacións musicais, obradoiros e contacontos, ademais os mercados de Nadal situados en distintos puntos do centro.

Rubén Arroxo indicou que "o Nadal é unha data propicia para fomentar tamén a nosa cultura, quixemos contar con colectivos da cidade", e engadiu que "contamos con actividades para difundir entre as nenas e nenos as nosas tradicións". Ademais, tamén haberá actividades nos edificios da Praza de Abastos e do Mercado Municipal.

Programación Nadal 2024-2025

Sábado, 14 de decembro

  • 13.00 horas. Concerto de ClaustroMúsica (Agrupación Musical Lucense) no Mercado Municipal

Domingo, 15 de decembro

  • 16.30 horas. Torneo Escolar de Xadrez (Xaquedrum) no Mercado Municipal

Mércores, 18 de decembro

  • 13.00 horas. Concerto de ClaustroMúsica (Agrupación Musical Lucense) no no Mercado Municipal

Sábado, 21 de decembro

  • 17.00 horas. Benvida ao apalpador no Mercado Municipal

Xoves, 26 decembro

  • 17.00 e 18.30 horas. Obra de teatro 'O castiñeiro do Apalpador' de Fantoches Baj  e III Medrando no Nadal no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Venres, 27 decembro

  • 17.00 e 18.30 horas. Obra de teatro 'Texturas' de La curiosa e III Medrando no Nadal no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Sábado, 28 decembro

  • 17.00 e 18.30 horas. Obra de teatro 'Kl´aa tu canción' de Inspira teatre e III Medrando no Nadal no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Domingo, 29 decembro

  • 17.00 e 18.30 horas. Obra de teatro 'Maruxiña' de Aurora Artes Escénicas e III Medrando no Nadal no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Venres, 3 de xaneiro de 2025

  • 20.30 horas. Concerto de aninovo “80´s Remember” pola Banda Filharmónica no Auditorio Municipal Gustavo Freire

Domingo, 5 de xaneiro do 2025

  • 18.00 horas. Saída Cabalgata de reis do Parque da Milagrosa con chegada á Praza Maior ás 19.30 horas

Ademais, os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro e 2, 3 de xaneiro O Vello Cárcere acollerá o obradoiro de Panxoliñas tradicionais.

⚙ Configurar cookies
0.11359190940857