Lugo, primeira parada dunha formación sobre a vespa velutina

LugoXa
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, asistiu á xornada “Convives ou combates.
vello_carcere_asociacion_galega_apicultura
11 May 2024

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, asistiu á xornada “Convives ou combates. Ti elixes”, sobre a vespa velutina, organizada pola Asociación Galega de Apicultura (AGA) organiza co apoio da área de Participación e Servizos á Veciñanza do Concello de Lugo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a campaña. Lugo foi unha das primeiras paradas desta formación sobre a importancia e a necesidade de implicación da veciñanza na loita contra esta especie invasora.

Na xornada deste sábado, a AGA realizou actividades en Samos e no Vello Cárcere de Lugo. As charlas incluíron formación sobre a posta en marcha de medidas para combater á velutina e, ao mesmo tempo, continuar coas explotacións apícolas tradicionais. As xornadas rematarán na tempada estival cunha formación práctica dando continuidade a esta primeira parte das xornadas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20651602745056