Lugo recorda o legado do profesor e músico Enrique Alvarellos cunha placa conmemorativa
Lugo recorda o legado do profesor, editor e músico Enrique Alvarellos cunha placa conmemorativa. Alvarellos faleceu un 2 de xuño de hai 20 anos e a Concellería de Cultura vai a colocar a placa conmemorativa na súa honra. Farase o acto de homenaxe este sábado ás 12.00 na Mosqueira, a carón de onde tivo a academia e a editora desde 1963 ata o ano 2000. A iniciativa corresponde á Concellería de Cultura que ostenta Maite Ferreiro con quen a familia mantivo unha xuntanza.
O acto comezará cunha intervención da concelleira Maite Ferreiro, despois falará Cecilia Alvarellos en nome da familia, o Coro do Hospital interpretará un fragmento da Cantata á Lanzada composta por Enrique Alvarellos e o calrinetista Gerard Vázquez interpretará Unha noite na eira do trigo de Xoán Monte. Como remate farase unha ofrenda floral no lugar indicado.