Lugo recupera a Concentración Benéfica de vehículos históricos que terá lugar este domingo
Este ano volve a Concentracicón Benéfica de vehículos históricos, o evento de Nadal, xa tradición no club ,no que os vehículos históricas recordan aos máis desfavorecidos.
A cita terá lugar o día 26 de decembro. A recepción de participantes, estacionamento dos vehículos e recollida de alimentos comezará a partir das 10.00 da mañá na praza da Soidade. Ás 13.30 horas comezará o percorrido e ás 14.00 horas terá lugar o sorteo.
A cantidade mínima para aportar é de 5 quilogramos de alimentos non perecedoiros. Pódese acudir con calquera tipo de vehículo (coche, motocicleta, ciclomotor, tractor, camión, autobús, furgoneta, bicicleta, retroexcavadora...) coa única condición de que este teña máis de 30 anos e se encontre ao corrente de todos os preceptos legais esixidos para circular pola vía pública.
Para participar é preciso realizar a inscrición a través de contacto@autoclasicolugo.com antes do día 24 de decembro.
Aquelas persoas que queiran colaborar cun donativo e non teña ningún vehículo pode achegarse para facer a súa doazón.
ÉXITO DAS EDICIÓNS ANTERIORES
Este evento organizado por Autoclásico Lugo cumpre xa catro edicións despois da parada do ano pasado pola Covid. Nas edicións anteriores participaron máis de medio centenar de coches, motos e recolleron máis de 500 quilogramos.