Lugo renova a ofrenda da cidade á Virxe dos Ollos Grandes

LugoXa
O Concello de Lugo renovou a ofrenda da cidade á súa patroa, a Virxe dos Ollos Grandes.
ofrenda-patrona-virxe-dos-Ollos-Grandes
16 Ago 2024

O Concello de Lugo renovou a ofrenda da cidade á súa patroa, a Virxe dos Ollos Grandes. A comitiva partiu da Casa Consistorial este mediodía e percorreu as rúas do centro ata chegar á Catedral, onde se oficiaron os actos relixiosos.

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, foi o encargada de facer entrega do ramo de flores como símbolo da ofrenda que realiza a Institución local. Xunto a ela, tamén participaron o tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, e as concelleiras Ana González Abelleira, Olga López Racamonde e Ángeles Novo, así como outros integrantes da Corporación municipal.

Esta cerimonia, que se realiza anualmente, mantén viva unha tradición que forma parte da herdanza cultural do municipio, sendo un momento de encontro para a veciñanza de Lugo e as súas autoridades.

0.1795449256897