Lugo será escenario do Futsal Women’s European Champions
LugoXa | AMariñaXa
España, Rusia, Croacia, Portugal, Ucraína e Italia estarán representados no Pazo dos Deportes da cidade amurallada
12 Nov 2021
Tras a autorización da RFEF, o Futsal Women’ s European Champions tamén terá o selo UEFA. A cita internacional, que reunirá as campioas das mellores ligas europeas en Lugo a principos de decembro, acaba de recibir o permiso deportivo da UEFA.
España, Rusia, Croacia, Portugal, Ucraína e Italia estarán representados no Pazo dos Deportes da cidade amurallada entre os días 2 e 5 de decembro. No Grupo I estarán Pescados Rubén Burela FS, o ruso MFC Normannochka e o croata Osijek. O Grupo 2 estará composto polo portugués Benfica, o ucraíno Tesla e o italiano Pescarqa.
CALENDARIO (HORARIOS PROVISIONAIS)
Xoves 2 de decembro
- 17.30 horas: Benfica SL- WFC Tesla
- 20.00 horas: Pescados Rubén Burela- Osijek
Venres 3 de decembro
- 17.30 horas: WFC Tesla-Pescara Femminile
- 20.00 horas: Osijek- MFC Normanochka
Sábado 4 de decembro
- 16.15 horas: Pescara Femminile- Benfica SL
- 18.30 horas: MFC Normanochka-Pescados Rubén Burela FS
Domingo 5 de decembro
- 12.30 horas: Final