Lugo será unha das 915 cidades que participan no evento solidario Distinguished Gentleman’s Ride
O Distinguished Gentleman's Ride estableceuse coma un evento do motor máis grande e espectacular do mundo, a tempo que tamén ten como obxectivo recadar unha cantidade extraordinaria de fondos e crear conciencia do cáncer de próstata e saúde mental, prevención do suicidio dos homes.
Desde os seus inicios o socio benéfico MOVEMBER recaudou 32 millóns de dólares.
O evento terá lugar o 22 de maio e acollerá na cidade de Lugo máis de 200 motocicletas clásicas pilotadas por homes e mulleres vestidos de gala. Esta cita está programada o mesmo día en 915 cidades de todo o mundo, en España terá lugar en 24 puntos, sendo Lugo e Pontevedra dous deles.
Centos de miles de cabaleiros elegantemente vestidos en máis de 900 cidades e en máis de 110 países únense nas súas motocicletas clásicas e vintage para participar en apoio a esta causa que cumpre 11 anos de existencia.
Este evento está asociado coa Fundacion MOVEMBER que é a fundación en saúde masculina máis grande do mundo.
O evento terá unha recepción de benvida, consumicións de balde e un paseo en moto por Lugo. Ao finalizar a ruta haberá actuacións musicais en vivo, sorteos e unha entrega de premios.
O obxectivo desta concentración é crear conciencia e recadar 6 millóns de dólares para a investigación do cáncer de próstata e a saúde mental nos homes. Todos os pasaxeiros deberán estar rexistrados no sitio web do The Distinguished Gentleman's Ride para ver os detalles da viaxe local.