Lugo suma máis actividades a súa axenda de cara ao Nadal
O Auditorio Municipal Gustavo Freire, o MIHL, a praza de abastos ou o Vello Cárcere serán algunhas das localizacións onde se realizarán actividades culturais no Nadal. Rrubén Arroxo presentou a programación no día de onte.
"O Nadal é unha data na que debemos traballar tamén para recuperar e promocionar os elementos culturais da nosa terra" indicou Rubén Arroxo, que e engadiu "este ano decidimos colaborar novamente cos colectivos de Lugo, que levan moito tempo facendo a benvida ao Apalpador, que xa é unha cita importante do Nadal en Lugo".
O día 22 de decembro comezará este ciclo de actividades coa “Benvida ao apalpador” na praza de Abastos. Haberá 3 ruadas musicais diferentes que terán lugar nas diferentes rúas da cidade a partir das 17.30 horas. Media hora despois, ás 18.00 faranse dous obradoiros, O Xeito co Apalpadanzas e Semente co Pintámonos como os seres da fraga. Será ás 18:45 cando Troupelear fará unha actuación de Cantos de Nadal.
Preto da noite, ás 19.10 horas fará a súa chegada o Apalpador. E, para dar fin a esta xornada, ás 19.30 terá lugar unha gran Foliada con A volta do Agro, Tradescola e Cántigas e Frores.
O día 23 de decembro chegará a programación ao Patio do Vello Cárcere cun concerto de Lucus Ensemble que comezará ás 20.00 horas.
O 27 de decembro Lila Teatro representará a obra Cachopo Máxico no Auditorio Municipal Gustavo Freire. A actuación dará comezo ás 18.30 horas.
Rancho de Reis Xeitoso é a actividade que terá lugar o día 28 de decembro na Praza Santo Domingo ás 18.30 horas.
A música das buguinas de Mamá Cabra con Bellón Maceiras será o 29 decembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire. A actuación dará comezo ás 18.30 horas.
A obra Mestre ma non troppo de Bandullo azul será a primeira actividade do ano, o 2 de Xaneiro do 2022, no Auditorio Municipal Gustavo Freire. O comezo será ás 18.30 horas.
Teatro ao cubo representará Ningures o 3 de xaneiro do 2022 no Auditorio Municipal Gustavo Freire ás 18.30 horas.
Rancho de Reis Xeitoso volverá o 5 de xaneiro do 2022 na Praza Maior fronte casa do concello ás 17.30 horas.
A última actividade será a Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro 2022. A saída será ás 17.30 hora dende o Parque da Milagrosa.
A maiores tamén se organizarán diferentes obradoiros. Xa é Nadal os días 22, 23, 27, 28, 29, 30 de decembro e 3, 4 de xaneiro no MIHL no horario de 10.30 horas ás 13.30 horas. Está dirixido a nenos de 4 a 12 anos.
No Vello Cárcere terán lugar os Obradoiro de Panxoliñas os días 27,28,29,30 de decembro e 3,4 e 5 de xaneiro en horario de 11.00 a 13.30 horas, tamén haberá Obradoiros Xeitosos que está dirixida a nenos de 3 a 8 os días 19, 26 de decembro e 2 de Xaneiro ás 11.30 horas. Descubrindo o solsticio de inverno para rapaces de 3 a 6 anos os días 22 e 29 de decembro ás 17.30 horas e, Descubrino o solsticio de inverno para nenos de 7 a 12 anos os días 22 e 29 de decembro ás 17.30 horas.