Lugo Transforma avalía apoiar a expansión de cinco novas firmas

LugoXa
A esta sesión do Comité de Investimentos de Lugo Transforma presentáronse investimentos por un importe total de 2.100.000 euros
comite_lug_trasnforma
Comité
29 May 2024

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, presidiu o quinto Comité de Investimentos de Lugo Transforma. A esta reunión do fondo de capital risco de iniciativa municipal onde se avalía a idoneidade das empresas aspirantes, concorreron cinco novos proxectos de gran proxección que optan a contar con respaldo económico do Concello como recurso para incentivar o seu crecemento e cunha previsión de xerar ao redor de 100 novos postos de traballo no municipio ao longo do próximos cinco anos. Así mesmo, a súa participación en Lugo Transforma posibilitaría ramificar o tecido produtivo lucense, axudando así a fixar poboación nova e xerar emprego estable e de calidade.

A esta sesión, que se celebrou na sede de Café Candelas, empresa membro do fondo, presentáronse investimentos por un importe total de 2.100.000 euros. “Tratouse dun comité denso no que se abordaron proxectos de gran envergadura. Mostra diso é o gran investimento proposto que supera os dous millóns de euros, o que significaría un enorme impulso para a estratexia Lugo Transforma ao superar o montante total investido nos últimos anos que ascende na actualidade a 1,9 millóns de euros. Estamos seguros que este posible investimento, de concretarse,  repercutirá de forma moi positiva na capacidade competitiva do noso municipio a medio prazo”, sinalou Alvarellos.

Un dos principais obxectivos desta estratexia municipal é modernizar o sistema produtivo lucense coa captación de empresas de novas tecnoloxías. De feito, os proxectos avaliados nesta sesión teñen a innovación como denominador común xa que pertencen a sectores punteiros nesta materia como a análise de datos, a formación en liña B2C en materia tecnolóxica ou o desenvolvemento de software de IA para a mellora de procesos produtivos en fábricas.

Tamén o marketplace de alugueiro de maquinaria industrial e de construción. “O apoio ao emprendemento é un piar fundamental da nosa política de dinamización económica, coa que pretendemos expandir o noso tecido produtivo, xerar emprego de calidade e fixar poboación, avanzando así nun Lugo de oportunidades”, apunto a rexedora. Ata a data, lévanse presentado un total 78 proxectos ao fondo, dos que, ademais dos cinco abordados esta mañá, outros 12 atópanse actualmente en análises e serán tratados en futuros comités. Isto súmase ao investimento xa materializado de 1.910.000 euros nas sete incorporacións xa efectivas (LexDigo, Innogando, InVerbis, Techaway, Boldest, Monkey Markets e DosDog) que xuntas crearán ao redor de 230 postos de traballo directos no municipio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18457198143005