Lugo valora un novo proxecto artístico da Orquestra Terra Nova

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Maite Ferreiro, mantivo unha reunión coa directiva da Orquestra Terra Nova na que se dera a coñecer o novo proxecto musical e escénico que a formación pretende desenvolver nos próximos meses.
Durante o encontro, Ferreiro subliñou que a orquestra forma parte das citas máis destacadas da programación cultural lucense, do mesmo modo que o foron a inauguración do Auditorio Fuxan os Ventos ou o vinte e cinco aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.
A edil interesouse polos detalles da proposta e trasladou o propósito da Tenencia de Alcaldía de seguir achegando a música clásica e contemporánea á cidadanía mediante iniciativas innovadoras e accións formativas, lembrando os recentes concertos didácticos realizados pola Banda Municipal.
A área de Cultura analizará agora as posibilidades de colaboración coa Orquestra Terra Nova. Ferreiro sinalou que o Concello continúa traballando para promover a cultura como un ben esencial, e que iniciativas como esta representan con claridade ese compromiso institucional.