Lugo Vivo e Ulloa Viva organizan unha ruta para coñecer a zona onde se instalaría Altri
LugoXa
Durante o percorrido comprobarase como afectaría a celulosa ao entorno natural
20 Xuño 2024
O grupo de apoio Lugo Vivo e a Plataforma por unha Ulloa Viva organizan unha ruta para coñecer a zona onde se instalaría a celulosa de Altri e ao entorno natural que afectaría. A cita será este sábado con partida dende o Castelo de Pambre ás 10.00 horas e chegada á área de lecer na Cornella. Haberá coche de apoio, comida e descanso.
Pola tarde continuarán a visita. Os interesados poden confirmar a súa asistencia a través do correo lugovivo.altrinon@gmail.com ou dos números 647 729 823 ou 687 637 164.